Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole

Compartir con

Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole

Os xogadores, o técnico e a mascota pasaron unha mañá con escolares de Outeiro de Rei

O CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei recibiu a visita do Leite Río Breogán. Os máis de trescentos alumnos, acompañados do profesorado e representantes da AMPA do centro, representantes do concello e do deputado de deportes Efrén Castro, gozaron facendo preguntas aos deportistas, cazando autógrafos e fotos e mesmo bailando coa popular mascota celeste Máximus.

Houbo tempo para falar, entre outros temas, das orixes do nome “Breogán” do equipo, dos adestramentos, da alimentación dos xogadores, e de divertirse cunhas canastras e moitos, moitos autógrafos.

Os visitantes comprobaron que moitos dos nenos e nenas do centro, e mesmo profesores, son seguidores do equipo e mesmo vestiron a camiseta do Breo para a ocasión. Tamén foron moitos os nenos e nenas que levaron os aplaudidores repartidos durante o último partido no Pazo con motivo do día contra o cancro infantil, que contou coa colaboración de Peña Breogán, Somos Unidos por el Cáncer e Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Dende o CB Breogán agradecemos a todos os responsables o recibimento e agardamos que pronto todos poidan estar animando no Pazo.

A actividade enmárcase dentro do programa de patrocinio da área de deportes da Deputación de Lugo co CB Breogán que contempla numerosas actividades de promoción do deporte e hábitos saudables entre os máis novos.

 

 

Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole
Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole
Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole
Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole
Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole
Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole
Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole
Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole
Fall, Soluade, Muñoz e Máximus, no cole

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información