«Fanzone express» no Pazo para despedir a tempada

Música, bar e novo merchandising no Pazo dende as 18:00 horas

O Cafés Candelas Breogán xoga o derradeiro partido de liga LEB este venres ás 21:00 horas no Pazo ante Unión Financiera Oviedo. Será o partido que remate coa entrega da copa de campións.
Dende as 18:00 horas no exterior do Pazo haberá un punto de venda con novos elementos de merchandising (gorras, bufandas, pulseiras, “pañuelos”…), un punto de venda de bebidas e música a cargo dun DJ,  e todo para que a última cita do ano do pazo sexa inesquecible como toda a tempada.


Contamos contigo!

«Fanzone express» no Pazo para despedir a tempada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información