Federico Ucles, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

O equipo celeste e o ala-pívot de 2,04 m. e 23 anos chegaron a un acordo para que o xogador defenda as cores do Breogán na campaña 2015/2016. Ucles xogou na parte final da pasada campaña no CB Valladolid (LEB Oro) equipo ao chegou dende o Iraurgui de LEB Plata. O salto de categoría axústase á clara progresión que está a experimentar o xogador. No Valladolid xogou oito partidos e asinou 5,3 puntos e 5 rebotes de media.

Federico Ucles, novo xogador do Cafés Candelas Breogán
Federico Ucles, novo xogador do Cafés Candelas Breogán
Federico Ucles, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

Fede Ucles é un xogador con bo físico e capacidade de defensa e rebote, destacando a súa capacidade de rebote ofensivo. O novo xogador cleste é un ala-pívot moi activo e que non elude o contacto físico na cancha. Ucles mellorou substancialmente o seu tiro de media e longa distancia polo que gañou en versatilidade nas últimas campañas.

Coa chegada de Ucles o Cafés Candelas da un paso máis para pechar o plantel da tempada 2015/2016.

Ucles.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información