Fernán Varela incorpórase ao corpo técnico do Río Breogán

Compartir con

O adestrador lucense completará o equipo de axudantes de Mrsic

Fernán Varela Failde (Lugo 7, de outubro de 1988) é adestrador superior de baloncesto e xa na tempada 2012/13 formou parte do corpo técnico do Breogán procedente do Estudantes Lugo, onde demostrou os seus grandes dotes para a formación, faceta á que sempre lle prestou gran dedicación e que lle levou a ser seleccionador galego con diversos combinados da Federación Galega de Baloncesto.

Adestrou e formouse en Estudantes Lugo e posteriormente incorporouse como axudante do Ensino de Liga Feminina e, na súa última etapa, foi primeiro adestrador do equipo lucense na liga Feminina Endesa.

Fernán Varela é enxeñeiro técnico de formación e chega ao Río Breogán para achegar a súa capacidade de traballo e experiencia completando un corpo técnico encabezado por Veljko Mrsic, Con Javier Muñoz e o propio Varela como axudantes, Quique Fraga como responsable de scouting, Rubén Portes na preparación física, o fisio Pablo Duarte, e o Dr. Luís Coira á fronte do departamento médico coa Dra Luisa Ibáñez e Francisco de Andrés como delegado.

Fernán Varela incorpórase ao corpo técnico do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información