Festa no Pazo na mañá de Reis

Compartir con

Festa no Pazo na mañá de Reis

Nin a hora nun día especial, nin as temperaturas baixo cero frearon á afección celeste

Foron 4.217 espectadores os que presenciaron a vitoria co Cafés Candelas non Pazo na mañá de Reis. Nin o especial da data, nin o feito de que o partido fora pola mañá freou a habitual resposta da Marea Celeste.

Non faltaron as familias e tampouco os nenos, que quixeron incluír a cita no plan dun dos días máis especiais do ano para eles.

O Breo quixo agasallalos e pediu no descanso que tódolos pequenos baixaran a bailar con Máximus, a popular mascota celeste. Unha das imaxes máis divertidas que se poden ver nun pavillón de baloncesto, ademais do xogo, é a diversión dos afeccionados e, sobre todo dos máis novos, os que garanten unha afección que pasan de país a fillos, de avós a netos.

Dende o Breogán so podemos dicir unha cousa: GRAZAS!

 

Festa no Pazo na mañá de Reis
Festa no Pazo na mañá de Reis
Festa no Pazo na mañá de Reis
Festa no Pazo na mañá de Reis
Festa no Pazo na mañá de Reis
Festa no Pazo na mañá de Reis
Festa no Pazo na mañá de Reis

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información