Ficha polo Breo!

O teu equipo busca completar o plantel. Queres colaborar co Breo na organización de partidos e eventos?

Ficha polo Breo!

O equipo vai collendo forma pero este ano queremos completalo contigo. Buscamos un grupo de voluntarios  que poidan aportar a súa colaboración ao club para a organización de partidos e outros eventos. Os voluntarios formarán parte do equipo,  poderán coñecer a organización dun partido entre equipos  profesionais  e aportar as súas ideas e iniciativas para que o Breo siga medrando.

Os interesados, maiores de 18 anos,  poden poñerse en contacto co club mediante mail en info@cbbreogan.com onde deberán enviar os seus datos persoais (data de nacemento,  teléfono de contacto…) e serán benvidas as ideas que cada voluntario poida aportar ao club.

O equipo de voluntarios terá diversas vantaxes en produtos do club e de empresas  colaboradores.

Anímate a facer equipo!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información