Forus pon en forma ao Breo

Asinado o convenio de colaboración entre o club celeste e o centro deportivo

Forus pon en forma ao Breo

Un equipo competitivo precisa o mellor material e espazos para traballar. Por iso, o CB Breogán asinou o acordo con Forus Lugo, unha das instalacións deportivas e recreativas máis modernas de Galicia e na que os xogadores e técnicos traballan asiduamente o plano físico, tanto para o adestramento, como para a recuperación.

O presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, e o xerente de Forus Lugo, Asier Loriente, plasmaron nun documento o acordo que da continuidade a unha estreita relación de colaboración que se da dende a chegada de Forus a Lugo.

O centro deportivo Forus, situado nun entorno privilexiado de Lugo, ofrece aos socios o máis amplo catálogo de actividades pensadas para o benestar de persoas de tódalas idades e condicións. Conta con actividades infantís e xuvenís, clases dirixidas de diversas disciplinas, salas de cardio, pesas e fitness, piscinas interiores  e exteriores, ludoteca, asesoramento personalizado, disciplinas de equipo e individuais e un amplo abano de posibilidades para todos, tanto en interior como ao aire libre. E todo co respaldo dun amplo e cualificado equipo de profesionáis.

Forus e Breogán, facendo equipo.

COÑECE FORUS

Forus pon en forma ao Breo
Forus pon en forma ao Breo
Forus pon en forma ao Breo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información