Forus únese ás empresas que fan equipo

Compartir con

O centro deportivo amplía a súa colaboración co CB Breogán

O club segue recadando apoios entre as empresas lucenses e como ocorreu durante as últimas tempadas, o Centro Deportivo Forus atópase entre as entidades que colaboran activamente co club.

Forus, situado a só uns minutos do centro de Lugo, presta as súas instalacións deportivas e de lecer para que o persoal do CB Breogán complete as súas necesidades de preparación física e recuperación.

Forus Lugo cumpre así cunha das súas premisas que inclúen colaborar co deporte de Lugo.

O Director Xeral do CB Breogán, Tito Díaz, desprazouse ata as instalacións de Forus Lugo (Rúa Iglesias Otero, 52, 27004 Lugo) onde se asinou o acordo coa presenza do subdirector do complexo deportivo Carlos Tordesillas.

Coñece FORUS LUGO

Forus únese ás empresas que fan equipo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información