Fundación Breogán: o alcance social e deportivo do baloncesto

Compartir con

Narciso Fernández e Salva Arco deron a coñecer as liñas xerais da Fundación Breogán
Narciso Fernández e Salva Arco deron a coñecer as liñas xerais da Fundación Breogán

O proxecto bota a andar con Salva Arco como xerente e Narciso Fernández como presidente do padroado

Devolver á sociedade parte do apoio que o Breogán tivo sempre é un dos obxectivos da nova Fundación Breogán. Cun ambicioso proxecto social, solidario e de difusión dos valores do deporte, a nova Fundación traballa xa coa recoñecida figura de Salva Arco na xerencia e Narciso Fernández como presidente. En próximas datas iranse concretando actividades nas que se implicará, baseándose no propósito de dinamización social e difusión dos valores do deporte en equipo para devolver á sociedade parte do enorme apoio que o Breogán tivo ao longo da súa historia.

Nunha rolda de prensa celebrada no Hotel Forum Ceao, Salva Arco e Narciso Fernández avanzaron as liñas nas que traballa a Fundación Breogán.

Fundación Breogán: o alcance social e deportivo do baloncesto

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información