23/02/2010
Haz click sobre la imagen para ampliarla
Ponferrada, CAMPIÓN da etapa francesa
A primeira das tres etapas, nas que esta dividido o torneo feminino das linguas do camiño, o equipo 6.25, chegado da comunidade castelán leonesa, alzouse co trofeo de vencedor.
En segundo posto quedou o equipo do Colexio leóns e en terceiro lugar, o combinado local, o Club Estudantes Lugo, que acusou un grande numero de baixas por lesión e que non puido ofrecer todo o seu potencial, contra os dous potentes equipos leoneses.
Aproveitando o torneo, a organización organizou unha xornada de convivencia paralela na categoría mini feminina, que contou cun combinado do colexio Agustinos de León, ao Cidade de Lugo e un combinado das escolas provinciais da Fundación, ao longo da xornada tamén se puido ver baloncesto masculino no Pazo Provincial, xa que se levaron a cabo dous encontros, contra o equipo cadete do Colexio Leóns, pola mañá, co potente equipo cadete masculino do Club Estudantes e pola tarde contra un combinado do Cidade de Lugo.
Dentro do espírito do torneo, de xuntar, deporte e cultura, todos os compoñentes dos distintos equipos realizaron un percorrido polo centro histórico da cidade lucense.
As próximas etapas do camiño, a Portuguesa e o Norte, traerán á capital lucense equipos chegados dende o país veciño, Portugal e a comunidade Asturiana.
Agradecer dende a organización do Torneo a colaboración prestada polo Club Cidade de Lugo para levar a cabo a xornada de convivencia na categoría mini feminina e cadete masculina.
Compromisos do nosos equipos para os días 3, 4 e 5 de febreiro.
A Fundación BALOGAL creou recentemente unha paxina na rede social Facebook para que todos aqueles que queiran poidan seguir minuto a minuto o labor d...
| Patrocinadores | CB Breogán | RSS | ||
|---|---|---|---|---|
® CBBREOGAN.COM | L.O.P.D. | L.S.S.I | NOTAS LEGALES | MAPA WEB |