21/12/2011
Haz click sobre la imagen para ampliarla
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel da Área de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta mañá xunto ao vicepresidente do Club Estudiantes, Jesús Lázare, e o adestrador e coordinador do campus, Álex Polo, na presentación no Pazo de Deportes o campus “O Nadal do Breogán”, un conxunto de actividades para nenos e nenas que se desenvolverá durante as mañás, de 9 a 14 h., desde o 26 ao 30 de decembro no Pazo dos Deportes e os seus anexos.
Tal como sinalou o nacionalista Antonio Veiga, “é moi importante proporcionar estas alternativas lúdicas a través do deporte aos nenos e nenas lucenses para tratar de achegalos ao mundo da práctica deportiva e adquiran na súa etapa de crecemento uns hábitos saudábeis con actividades deste tipo”. Como vicepresidente da Deputación, Veiga felicitou á Fundación Balogal e ao Club Estudiantes polo gran traballo que están a realizar desde a base do deporte e ratificou unha vez máis o apoio da Área de Deportes da Deputación a estas entidades xa que, segundo explicou Veiga, “desenvolven un traballo de promoción e potenciación do deporte de base lucense que é un dos obxectivos marcados pola Área de Deportes da Deputación, lograr que o deporte teña unha función social”.
Veiga engadiu que “estas actividades cumpren tamén unha importante función á hora de proporcionar ás familias lucenses unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral”. Nesta liña, Jesús Lázare, logo de agradecer a estreita colaboración por parte da Vicepresidencia Primeira da Deputación co club que representa ao longo destes anos e deu unha chamada de atención para que as familias aproveiten os prezos populares moi económicos e anoten aos seus nenos e nenas xa que as prazas son limitadas ao celebrarse completamente en instalacións interiores”.
Álex Polo, adestrador e coordinador das actividades, apuntou que dentro das actividades do Nadal do Breogán, do 26 ao 30 de decembro, inclúese, por unha parte, un segmento destinado a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade no que realizarán unha serie de actividades encamiñadas á iniciación no mundo do deporte, pero cunha compoñente case exclusivamente lúdica. Por outra parte, para nenos e nenas de entre 7 e 11 anos de idade xa se centrará na iniciación no mundo da canastra e tecnificación, para todos aqueles xogadores/as que queiran mellorar os seus aspectos técnicos. Non obstante, Álex Polo sinalou que como son moitas horas cada mañá tamén haberá lugar para o descanso e lecer dos rapaces e rapazas destas idades, e inclúese unha saída a Arte Nadal, a mostra de artesanía da Praza de Soidade, para realizaren obradoiros de manualidades. A inscrición no “Nadal do Breogán” ten un custe moi baixo, de só 30 euros, para facilitar que todos os nenos e nenas poidan participar nel, e para aqueles que forman parte do Club Estudiantes ou a Fundación Balogal e o Colexio de Enfermeiría este prezo baixará até os 15 euros.
CAMPEONATO DE ESPAÑA 1/8 DE FINAL
LA SALLE MALLORCA 69 - ESTUDIANTES LUGO 98
Gran fin de semana para el Club Estudiantil el cual consiguió las cuatro victorias de los partidos de las fases mini celebradas en Lugo y Coruña.
...
| Patrocinadores | CB Breogán | RSS | ||
|---|---|---|---|---|
® CBBREOGAN.COM | L.O.P.D. | L.S.S.I | NOTAS LEGALES | MAPA WEB |