Gabriel Gómez incorpórase ao Leite Río Breogán

Compartir con

O aleiro de 24 anos completará temporalmente o equipo durante a pretempada

Gabriel Gómez Hermoso é un aleiro de 1,98 e 24 anos. Xogador de equipo, versátil e con proxección, xogou a pasada tempada no Estudiantes Leyma de Liga EBA destacando en diversas facetas do xogo, asinando 12,3 puntos de media, 5,3 rebotes e 2 asistencias por encontro.

A incorporación do xogador faise mediante un contrato temporal que axudará a completar a preparación de pretempada ante as baixas dos xogadores que teñen por diante compromisos cos seus combinados nacionais como é o caso de Mo Soluade ou Dago Peña.

O traballo desenvolvido por Gabriel Gómez durante a pasada campaña, na que completou os adestramentos do equipo de Liga Endesa durante prácticamente todo o curso,  valorouse de xeito positivo polos responsables técnicos do club que ven a súa incorporación  como unha moi boa opción, dada a súa calidade,facilidade de  adaptación, capacidade de traballo, e procura de mellora xa mostrada. 

Benvido o Breo Gabri!!

Gabriel Gómez incorpórase ao Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información