Gavrilovic, Arco, Epi e Máximus, no cole

Compartir con

Visitaron o colexio Divino Maestro de Lugo

O centro lucense Divino Maestro recibiu a visita do Breo representado polo seu adestraor, Diego Epifanio, os xogadores Salva Arco e Gavrilovic e a mascota Máximus. Na visita percorreron as aulas do centro e intercambiaron impresións cos alumnos e Mestres e faláronlles do seu día a día como deportistas e da importancia do traballo diario e a ba alimentación e o deporte.

Os máis pequenos do centro encontráronse cos visitantes no patio do centro e alí Máximus foi recibido como unha auténtica estrela polos miúdos.

Grazas ao centro Divino Maestro polo recibimento. Agardamos vernos moi pronto no Pazo.

A actividade enmárcase dentro do programa de patrocinio da área de deportes da Deputación de Lugo co CB Breogán que contempla numerosas actividades de promoción do deporte e hábitos saudables entre os máis novos.

Gavrilovic, Arco, Epi e Máximus, no cole
Gavrilovic, Arco, Epi e Máximus, no cole
Gavrilovic, Arco, Epi e Máximus, no cole
Gavrilovic, Arco, Epi e Máximus, no cole
Gavrilovic, Arco, Epi e Máximus, no cole

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información