Jerome Jordan, Christian Díaz e Jaime Capellá, no colexio Galén

Encontro con escolares para falar de hábitos saudables e deporte

O centro Lucense Galén recibiu a visita de tres integrantes do Cafés Candelas Breogán. No encontro, mestres e alumnos charlaron cos membros do equipo sobre a importancia dos hábitos saudables como a alimentación e o descanso.

Jerome Jordan, Christian Díaz e Jaime Capellá, no colexio Galén

A importancia do almorzo

Os asistentes puxeron en valor a importancia da primeira comida do día. Un almorzo completo é básico para calquera, especialmente para os máis novos, así como o descanso adecuado, algo co que coinciden cun aspecto básico da preparación dos deportistas.

Esta actividade encádrase dentro do contrato de patrocinio da deputación de Lugo co Cafés Candelas Breogán que inclúe un ambicioso programa de divulgación dos valores do deporte e aos hábitos saudables entre os escolares.

Jerome Jordan, Christian Díaz e Jaime Capellá, no colexio Galén
Jerome Jordan, Christian Díaz e Jaime Capellá, no colexio Galén

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información