Gran partido e vitoria do Leite Río en Valladolid (70-80)

Compartir con

Os celestes dominaron de principio a fin e frearon con moita solvencia os intentos do rival para equilibrar o partido

Un gran arranque do equipo de Diego Epifanio (0-12) marcou o partido cun Leite Río poñendo un nivel moi alto de acerto e intensidade sobre o parqué do Pisuerga que os locais non puideron igualar. Só as reaccións no segundo cuarto, e un parcial favorable no cuarto final con bos momentos desde o perímetro, evitaban que o encontro rompese con vantaxes máis amplas. Os celestes manexaron con comodidade o tramo final para levar unha brillante vitoria nunha cancha sempre difícil.

O Leite Río mantense firme no liderado e pensa agora na Final de Copa Princesa que se xogará no Pazo o venres 22.

Gran partido e vitoria do Leite Río en Valladolid (70-80)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información