Grazas Sule!!

Compartir con

Grazas Sule!!

O xogador deixa Lugo para disputar o tramo final de Liga Endesa co Fuenlabrada

O xogador Emir Sulejmanovic xogara as últimas xornadas de Liga Endesa co Montakit Fuenlabrada.

O internacional bosnio foi clave para o éxito do Cafés Candelas Breogán, campión matemático da LEB Oro a falta de dúas xornadas.

Sulejmanovic disputou 26 partidos coa celeste do Cafés Candelas, asinando uns 10,9 puntos, e 6,6 rebotes de media, e converténdose nun dos xogadores referentes para a afección lucense.

Emir deixa Lugo tras axudar ao Cafés Candelas Breogán a acadar o título de Copa Princesa e o campionato de Liga significa o ascenso a ACB.

Agradecemos a Emir todo o que aportou ao noso equipo, non so no plano estritamente deportivo, e desexamos o mellor nesta nova etapa na Liga Endesa. Sorte Sule!

Christian Díaz

Por outra banda o base celeste Christian Díaz manterase durante os próximos días ausente do traballo do equipo con permiso do club por motivos persoais.

Grazas Sule!!
Grazas Sule!!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información