GRUPO LUIS IGLESIAS novo patrocinador do CB Breogán

Compartir con

GRUPO LUIS IGLESIAS novo patrocinador do CB Breogán

O grupo empresarial únese ao equipo na tempada máis difícil

Nun dos momentos máis duros dos últimos anos debido á crise derivada da COVID, o Breogán segue a atopar apoios importantes entre as empresas. Grupo Luis Iglesias, empresa que ofrece servizos múltiples entre os que se atopan os funerarios, froristerías, seguros ou mobles, e que ten actividade en diversos puntos da provincia de Lugo como por exemplo Rábade, Friol, Baamonde, Cospeito ou Outeiro de Rei, acaba de chegar a un acordo polo cal será un dos patrocinadores importantes do CB Breogán. A presenza do GRUPO LUIS IGLESIAS notarase dende esta fin de semana no Pazo dos Deportes con diversos soportes publicitarios.

Desde o CB Breogán agradecemos especialmente ao GRUPO LUIS IGLESIAS o seu compromiso e o importante paso no seu patrocinio ao proxecto deportivo e social do Breogán, uníndose ao amplo grupo de “Empresas que fan equipo” .

Coñece a GRUPO LUIS IGLESIAS

BENVIDOS!

GRUPO LUIS IGLESIAS novo patrocinador do CB Breogán
GRUPO LUIS IGLESIAS novo patrocinador do CB Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información