Guille Rubio sufre unha lesión na man dereita

O xogador pasará por quirófano esta mesma tarde para corrixir unha fractura

Guille Rubio recibiu un golpe durante o partido que o Cafés Candelas disputou no Pazo ante Araberri e foi sometido a diversas probas polos especialistas de FREMAP e Hospital POLUSA que confirmaron a fractura e a necesidade do seu paso por quirófano.

O diagnóstico confirma unha «fractura desprazada do colo do quinto metacarpiano da man dereita»

O xogador será intervido pola Dra. Luisa Ibañez, traumatóloga do Hospital POLUSA.

Guille Rubio causa baixa para as próximas xornadas á espera da súa evolución.

Guille Rubio sufre unha lesión na man dereita

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información