Os dous xogadores celestes amosáronse motivados ante o reto da tempada
Na sede da empresa patrocinadora Norcontact produciuse a primeira comparecencia de Ethan Happ e Scott Banforth #ante os medios de comunicación. Acompañados polo tamén recentemente incorporado Fernán Varela, os xogadores mostráronse motivados e ilusionados #ante o que consideran un bo proceso de construción do novo equipo. Varela tamén se mostrou agradecido ao club polo interese en contar cos seus servizos dentro do corpo técnico que dirixe Veljko Mrsic.
Norcontact é unha empresa de servicios integrais que ofrece solucións personalizadas aos clientes en puntos clave como comunicación, ventas, telefonía e xestión, que comezou a colaborar co Breo nun dos momentos máis complicados dos últimos anos, en plena pandemia, e que presta o seu apoio tanto a nivel de patrocinador como de soporte técnico en programación de campaña de abonado e outras facetas chave.
