Happ e Bamforth visitaron o CIFP As Mercedes

Compartir con

Happ e Bamforth visitaron o CIFP As Mercedes

Os xoadores coñeceron algúns dos ciclos de Formación Profesional que apostan pola vangarda e as novas tecnoloxías

O CIFP As Mercedes, centro público integrado de Formación profesional básica y Superior y FP Dual en Lugo, recibiu a visita dos xogadores do Río Breogán Scott Bamforth e Ethan Happ.

Na visita puideron comprobar algunhas das demandadas ofertas de formación do centro que medra día a día levando ao mercado laboral a alumnos preparados en campos tan diversos como marketing, comercio, climatización, todo o relacionado co mantemento do automóbil ou do sector aeronáutico, etc.

Un centro que se atopa á vangarda de sectores con presente e futuro clave.

Unha das paradas obrigadas dos xogadores foi a proba no simulador de voo no que Happ e Bamforth comprobaron as dificultades de pilotar con seguridade desde unha avioneta ata un avión de pasaxe.

Esta visita intégrase no programa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo de achegamento do deporte aos centros educativos.

Happ e Bamforth visitaron o CIFP As Mercedes
Happ e Bamforth visitaron o CIFP As Mercedes
Happ e Bamforth visitaron o CIFP As Mercedes
Happ e Bamforth visitaron o CIFP As Mercedes

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información