
Os xogadores asinaron autógrafos e compartiron parte da mañá cos alumnos do centro lucenses
Nemanja Nenadic e Ethan Happ visitaron o colexio lucense As Mercedes tras o adestramento matinal. Os celestes tiveron un multitudinario recibimento por parte de alumnos e profesores do centro. Saudaron aos presentes, mostrando os seus avances co idioma, e dedicaron moitos minutos para saudar aos nenos e nenas presentes aos que asinaron decenas de autógrafos.
Moitas grazas ao persoal dirección e alumnado do centro polo recibimento.
Unha actividade de promoción do deporte e os seus valores que conta co patrocinio da vicepresidencia da Deputación de Lugo.


