Herve Kabasele, cedido ao Liberbank Oviedo

Compartir con

O xogador completará o equipo asturiano á espera de reincorporarse á G- League

O Leite Río Breogán chegou a un acordo co Liberbank Oviedo Baloncesto para que o pivote de 2,08 centímetros Herve Kabasele xogue cedido no conxunto ovetense a próxima tempada. Dentro do acordo de cesión mantense a opción que ten xogador de saír, ata unha data determinada, cara á NBA G- League (Liga de desenvolvemento da NBA) onde xa estivo a xogar un tramo da pasada tempada, concretamente nos Erie Bayhawks, equipo vinculado aos New Orleans Pelicans.

O Director Xeral do CB Breogán, Tito Díaz mostrouse satisfeito polo acordo e comentou que «é unha boa oportunidade de que o xogador siga evolucionando dentro da estrutura dun club da categoría do Liberbank Oviedo, á espera da posibilidade de regresar á G- League».

Herve Kabasele, cedido ao Liberbank Oviedo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información