Hervé Kabasele xogará cedido en Real Canoe de LEB Oro

Compartir con

O CB Breogán e o Real Canoe N.C. chegaron a un acordo para que o interior congoleño xogue cedido no equipo madrileño

Xa recuperado da súa lesión de xeonllo, tras un intenso traballo desenvolto durante os últimos meses, o club lucense acordou a cesión no conxunto de LEB Oro ZTE Canoe N.C. onde comezará a traballar próximamente no que será o seu regreso á competición para continuar co seu progreso como xogador.

Hervé Kabasele (22 anos, 2,08 m.) chegou ao CB Breogán na tempada 2017/2018 en plena evolución como xogador, sendo un proxecto de futuro baseado na súa capacidade de mellora, traballo e espectacular potencia física da que deixou mostra nas ocasións nas que vestiu a camiseta celeste.

Esta oportunidade de formar parte do plantel do real Canoe en  LEB Oro é sen dúbida un paso moi importante na súa formación como xogador.

Hervé Kabasele xogará cedido en Real Canoe de LEB Oro

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información