Homenaxe a Lisardo Gómez

O que foi ata mediada a tempada 2015/2016 adestrador e tivo que deixalo antes de tempo por unha doenza, Lisado Gómez, foi homenaxeado polo breoganismo no descanso do encontro dusputado no Pazo ante Quesos Cerrato Palencia pertencente á cuarta xornada da tempada 2016/2017.

Homenaxe a Lisardo Gómez

O acto, incluído nunha serie de homenaxes previstas polo club con motivo do 50 aniversario da súa fundación, consistiu nunha entrega dun agasallo conmemorativo cunha inscrición na que se recoñece a contribución de Lisardo á historia recente do club. Os encargado de acompañar ao presidente Jesús Lázare na entrega, foron compañeiros do  corpo técnico dos seus anos á fronte do equipo. Alí estiveron po delegado Francisco de Andrés, a fisioterapeuta Belén Díaz e o preparador físico José Manuel Miragaya. Non puido facelo Quique Fraga ao atoparse en vestiario co equipo e co actual adestrador, Natxo Lezkano, en plena charla no intermedio dun partido clave e que finalmente sumou un novo trunfo para os celestes.

O speaker, José Areñas pronunciou as seguintes verbas: 

« TIVO QUE DEIXAR O BANCO ANTES DE TEMPO, PERO NUNCA, NUNCA DEIXARÁ O SEU BREOGANISMO. FORMADO NAS CATEGORÍAS INFERIORES DO BALOCESTO LUCENSE, BREOGANISTA E BALONCESTISTA DENDE O BERCE, SUFRIU E GOZOU DO NOSO SOÑO NA GRADA E NO BANCO.

FORMA PARTE DUN EQUIPO MEMORABLE QUE ESTIVO SO A UN SEGUNDOS DE DAR O SALTO A ACB. PEZA CLAVE DO REXURDIR DO SENTIMENTO CELESTE.

UN DOS NOSOS !!

DON LISARDO GOMEZ!!!!»

As peñas despregaron un espectacular tifo coa imaxe de Lisardo no que se pode ler “Un dos nosos” unha popular frase utilizada con aquelas persoas que a afección identifica plenamente co breoganismo.

A emoción invadiu a grada dun Pazo que presentaba unha grandísima entrada como unha cita así merecía.

A ovación foi das que quedan na lembranza.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información