Hyundai Ditramotor segue facendo equipo co Breogán

Compartir con

Hyundai Ditramotor segue facendo equipo co Breogán

O concesionario lucense da marca renova o seu compromiso e entrega seis coches ao equipo

Desde fai máis dun lustro o Breo viaxa en Hyundai, grazas á colaboración de Grupo Ditram e o seu concesionario da marca coreana en Lugo, Ditramotor.

Desde hoxe veranse por Lugo tres modelos Tucson e outros tres Ionic de última xeración con etiqueta ECO e tecnoloxía híbrida, que serán o medio de transporte de parte dos xogadores do Leite Río Breogán.

O xerente de Hyundai Ditramotor, José Ramón López e o director xeral do CB Breogán, Tito Díaz asinaron a prolongación dun acordo moi importante para o equipo celeste e que é un exemplo do apoio e unión cun patrocinador de renome.

O xerente de Ditramotor, José Ramón López, mostrouse satisfeito con que a marca que representa poida colaborar cun club histórico como o CB Breogán ao que desexou a maior das sortes na nova tempada. Por parte do Breogán, Tito Díaz agradeceu o apoio da empresa durante tantos anos e especialmente no complexo momento que se vive a todos os niveis debido á crise sanitaria que supuxo un gran reto para todos.

No acto estiveron presentes os xogadores do Leite Río Breogán Roope Ahonen, Kevin Larsen, Seydou Aboubacar, Adam Sollazzo e Mindaugas Kacinas.

Hyundai Ditramotor segue facendo equipo co Breogán
Hyundai Ditramotor segue facendo equipo co Breogán
Hyundai Ditramotor segue facendo equipo co Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información