Iago Castro renova como adestrador axudante

Compartir con

Iago Castro renova como adestrador axudante

O Leite Río Breogán aposta pola continuidade dos seus tres adestradores

Iago Castro Martínez (Lugo 1995) asinou a súa continuidade como axudante e o Breogán completa así a tripla de adestradores xunto a Diego Epifanio, renovado recentemente, e Javier Muñoz, que mantiña contrato co club.

Castro chegaba ao Breogán a pasada tempada procedente do equipo asturiano ADBA de Liga Feminina2.

O axudante celeste é adestrador superior FIBA e Técnico Deportivo Superior especializado en baloncesto. Castro conta con formación como Mestre e especialízase en Psicoloxía Deportiva.

No seu historial consta o seu traballo con equipos de base e sénior, tanto en clubs como CB Sarria ou Estudantes Lugo, como en diversos combinados da Federación Galega de Baloncesto.

Iago Castro renova como adestrador axudante

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información