Jaime Capellá, renovado no Leite Río Breogán

Compartir con

O preparador físico e fisioterapeuta sarriano cumprirá o cuarto curso na disciplina celeste

O Leite Río Breogán avanza na confección dunha estrutura profesional que lle permita loitar polos obxectivos deportivos máis esixentes.

Trala chegada de Diego Epifanio, a continuidade de Javier Muñoz como segundo adestrador e de Juan David Gutiérrez como fisioterapeuta, e a chegada de Iago Castro como axudante, e do Dr. Luis Coira como xefe dos servizos médicos, confírmase tamén a continuidade de Jaime Capellá como Preparador Físico.

Capellá chegaba ao club a comezos do 2017 e exerceu de fisioterapeuta e preparador físico, as dúas facetas das que é especialista.

O club segue a traballar para confeccionar o equipo máis competitivo posible para abordar unha LEBOro 2019/2020 que promete ser apaixonante.

Jaime Capellá, renovado no Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información