Javier Morandeira incorpórase á estrutura do CB Breogán

Compartir con

O avogado lucense entra como xestor adxunto ao consello de administración

O órgano de xestión do CB Breogán segue a tomar decisións para facer medrar a estrutura e acadar a modernización do club. A chegada do avogado lucense Javier Morandeira, que sumirá cargo de xestor adxunto ao consello, é  un paso importante para sacar o máximo rendemento á faceta de xestión administrativa e deportiva do club que olla ao futuro con ambición e ilusión.

Morandeira,  avogado e máster en asesoría xurídica e  xestión deportiva, ten experiencia no ámbito deportivo.

En datas próximas o consello ofrecerá unha rolda de prensa  na que se presentará a Javier Morandeira ante os medios, na que se explicará polo miúdo as función e obxectivos, e na que se falará da actualidade do club tamén de cara á vindeira  xunta de accionistas de finais de ano.

 

Javier Morandeira incorpórase á estrutura do CB Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información