Jesús Lence recibiu o agradecemento do Pazo

Compartir con

O expresidente e máximo accionista foi lembrado en dous emotivos momentos durante o Breo – Barça

O minuto de silencio nos prolegómenos do encontro que enfrontou ao Cafés Candelas Breogán e FC Barcelona amosou o respecto e agradecemento da Marea Celeste a un home que forma parte da historia do deporte galego. O seu apoio como patrocinador tanto de quipos profesionais como de base en Galicia, e o seu apego ao Breogán sendo durante décadas patrocinador e na actualidade máximo accionista, mereceron o recoñecemento da grada.

No descanso entre o terceiro e último cuarto do partido chegou outro emotivo e simbólico homenaxe cando dous nenos das escolas do Estudiantes Lugo, en representación de tódalas categorías de base, depositaban un ramo de flores nunha cadeira no centro da pista do Pazo onde descansaba unha camiseta do Breogán dunha etapa na que Leche Río figuraba no peito da celeste.

Jesús Lence recibiu o agradecemento do Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información