Jimmy Wright estará no Pazo: Volve soar «A Vella Música»

Compartir con

Jimmy Wright estará no Pazo: Volve soar «A Vella Música»

A lenda do Breogán, Jimmy Wright, estará o sábado no Pazo dos Deportes

Aproveitando que o seu fillo, Devin Wright, visitará Lugo co seu equipo o Liberbank Oviedo, Jimmy Wright, unha das estrelas históricas do Breo estará a visitar Lugo e presenciará o partido no Pazo dos Deportes.

O mítico xogador reunirase sobre o parqué con compañeiros da súa época de celeste daquelas dúas lendarias tempadas 1984/85 e 1985/86, nas que o Breogán alcanzaba a súa mellor clasificación histórica e xogaba competición europea.

Foron os anos nos que precisamente o Breo e Jimmy Wright entraban na escena cinematográfica da man de Mario Camus e a gravación e estrea de «La vieja música».

Unha oportunidade para lembrar vellos tempos no caso daqueles que tiveron a sorte de velo en acción no Municipal, e tamén unha gran ocasión para que os máis novos coñezan a un dos xogadores que permanecen no particular «Hall of Fame» do imaxinario celeste.

Chegou o fermoso momento no que o Pazo homenaxeará ao mítico Jimmy Wright. Recibirémolo moitos anos despois coma se xogase defendendo a celeste onte mesmo.

Benvido!

 

Jimmy Wright estará no Pazo: Volve soar «A Vella Música»

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información