José Manuel Miragaya regresa ao Leite Río Breogán

Compartir con

O preparador físico volve ao club no que traballou durante dez tempadas consecutivas dende 2008 ata 2018

Nova etapa de José Manuel Miragaya (Guitiriz, Lugo, 1981) como responsable da preparación física do CB Breogán. Tras un acordo para a súa incorporación, o preparador galego intégrase xa no corpo técnico celeste formado polo adestrador Diego Epifanio, os axudantes Javier Muñoz e Iago Castro, o delegado Francisco de Andrés, o médico Luis Coira e o fisioterapeuta Pablo Duarte.

O regreso de José Manuel Miragaya prodúcese trala saída de Jaime Capellá que comunicou ao CB Breogán que recibiu nas últimas datas unha oferta dun club estranxeiro que decidiu aceptar.

A ampla experiencia e formación de Miragaya, así como o seu profundo coñecemento do club, facilitará a rápida integración do preparador físico na dinámica de traballo do equipo.

Desexamos o mellor a Jaime Capellá na súa nova etapa profesional e damos a benvida ao equipo a José Miragaya. Benvido de novo!

José Manuel Miragaya regresa ao Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información