José Miragaya desvincúlase do Leite Río Breogán

Compartir con

O preparador físico emprende unha nova etapa profesional

José Manuel  Miragaya e o CB Breogán separan os seus camiños de mutuo acordo. O preparador inicia unha nova etapa no ámbito docente. Desde o club agradécese o compromiso do preparador físico que cubriu no seu momento a saída de Jaime Capellá dando continuidade ao traballo de pretempada.

Miragaya quixo transmitir o seu agradecemento ao club por contar con el e expresou que se manterá sempre ao dispor do CB Breogán para colaborar en todo o que o club considere.

Desde o CB Breogán desexamos o mellor a un breoganista como José Miragaya e esperamos reencontrarnos no futuro.

O club ten moi avanzadas as xestións para a incorporación inmediata dun preparador físico ao corpo técnico.

José Miragaya desvincúlase do Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información