Juan Gutiérrez continuará como fisioterapeuta do Breo

Compartir con

O CB Breogán segue a conformar o corpo técnico para o novo proxecto

Trala confirmación de Diego Epifanio como adestrador e Javier Muñoz como asistente, o club segue asegurando o mellor equipo posible para afrontar o novo reto da campaña 2019/2020.

O equipo contará un ano máis co servicios do fisioterapeuta Juan Gutiérrez  que chegaba a pasada tempada ao club, e continuará coidando dos xogadores no día a día do equipo.

Juan David Gutierrez Cabiativa cumprirá a súa segunda tempada no club ao que chegaba o pasado curso avalado por unha ampla experiencia na fisioterapia deportiva cunha traxectoria que inclúe o paso polo Club Ourense Baloncesto durante tres tempadas.

O club contará de novo cun excelente profesional para unha sección clave para o club como é a o do coidado físco do equipo.

Juan Gutiérrez continuará como fisioterapeuta do Breo
Juan Gutiérrez continuará como fisioterapeuta do Breo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información