Alá por 2009 deixábanos prematuramente un dos símbolos da Marea Celeste.

Julio Vila, presidente e un dos fundadores da Peña Breogán, carismático, coñecido e querido por afeccionados de tódalas idades, segue a estar moi presente entre os símbolos da afección celeste.
Con motivo dos actos do 50 aniversario, este venres, no descanso do partido entre o Cafés Candelas Breogán e o Marín Peixe Galego, será o momento de renderlle homenaxe a unha persoa que viviu a súa afección como ninguén, contaxiando a moitos o seu breoganismo e que estará para sempre na memoria de todos.
Será Julio Vila fillo o encargado de recibir, en representación do eterno Julio, a homenaxe, pero, sen dúbida, o recoñecemento máis importante virá dende a grada. Sabemos que Julio coreará, cun sorriso e coa súa inseparable bufanda, o “Vamos Breogán” dende alá arriba, onde seguro que xa contaxiou a máis dun o seu amor polo celeste.
ETERNO E SEMPRE, UN DOS NOSOS.