Justus Hollatz, calidade na dirección do Río Breogán

Compartir con

O equipo lucense faise cos servizos do xove base internacional alemán de 21 anos e 1,91 m procedente do Hamburg Towers

Justus Hollatz vestirá a celeste do Río Breogán 2022/23. O base internacional alemán, considerado como un dos mellores xogadores novos europeos no seu posto, procede do Hamburg Towers onde promedió 7,5 puntos, 5,3 asistencias e 2,3 rebotes en Bundesliga, e 8,2 puntos, 4,2asistencias e 2,1 rebotes en competición europea (EuroCup).

Hollatz é internacional absoluto con Alemaña. Nos catro últimos partidos da ventá de clasificación para o mundial coa selección, en 25 minutos de xogo, asinou 10,8 puntos e 4,8 asistencias por partido

O novo xogador do Río Breogán é un xogador en clara progresión e, a pesar da súa mocidade, xa afeito a levar o peso do seu equipo como primeiro base director con capacidade para anotar e gran pasador, e chega a Lugo tras ser recoñecido nas dúas últimas tempadas como mellor xogador novo na Bundesliga.

Benvido ao Río Breogán!

 

Justus Hollatz, calidade na dirección do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información