Kevin Larsen vestirá a celeste do Leite Río Breogán

Compartir con

Kevin Larsen vestirá a celeste do Leite Río Breogán

O club lucense incorpora a Kevin Larsen, internacional danés de 2,08 e 26 anos, procedente de Palencia.

O Leite Río Breogan consegue un dos interiores máis destacados da competición que a pasada tempada promediou 14,2 puntos e 6,3 rebotes finalizando como segundo xogador máis valorado de LEB Oro.

Formado na universidade estadounidense George Washington ( NCAA), comezou a súa etapa como profesional en Francia, con paso por Alemaña e Dinamarca, antes de chegar a España, sendo parte importante do equipo que deu o ascenso á ACB ao Bilbao Basket na tempada 2018/19

Larsen é un xogador versátil e completo, que pode anotar desde varias posicións, con capacidade para xogar no poste baixo e tamén de fronte ao aro, ademais de bo reboteador e pasador.

Traxectoria:

Universidade George Washington ( NCAA) (2012-2016)

Lille Métropole (2016-2017)

Mitteldeutscher BC Weiß enfels (2017)

Horsens IC (2017-2018)

Bilbao Basket (2018-2019)

Club Deportivo Maristas Palencia (2019-2020)

Kevin Larsen vestirá a celeste do Leite Río Breogán
Kevin Larsen vestirá a celeste do Leite Río Breogán
Kevin Larsen vestirá a celeste do Leite Río Breogán
Kevin Larsen vestirá a celeste do Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información