Larsen e Cruz, preparados para o reto do Leite Río Breogán

Compartir con

Larsen e Cruz, preparados para o reto do Leite Río Breogán

Os novos xogadores celestes mostráronse ambiciosos ante a nova tempada

«Temos unha gran química entre nós» ,afirmou Larsen, que destacou o bo ambiente no equipo e o seu desexo de empezar a tempada. O interior celeste prometeu que o equipo «xogará e traballará tan duro como poida. Queremos gañar moitos partidos», dixo.

O interior danés mostrouse ambicioso a pesar de dúrao que é sempre a LEB Oro: «Esperemos empezar gañando en Oviedo aínda que ningún partido será fácil, pero temos que ir coa confianza de gañar cada partido».

Iván Cruz expresou a súa satisfacción por volver ao club que lle deu no seu momento a súa primeira oportunidade como profesional «considero Lugo como a miña casa e estou moi agradecido».

«O meu obxectivo é ir mellorando cada día co equipo. Son un xogador máis maduro que na primeira etapa e creo que evolucionei en varios aspectos do xogo, mesmo en aspectos que quizá non se reflicten na estatística», afirmou o interior en sala de prensa.

Sobre o campionato, Cruz dixo que «Vai ser unha liga dura como adoita ser a LEB Oro, pero temos moi bo equipo e estámonos compenetrando moi ben a pesar de que somos varios xogadores novos».

Iván Cruz desexa que pronto a situación permita gozar da afección: «A afección do Breogán é incrible e é unha pena que por agora non poidan estar todos na bancada, pero temos que afacernos a esta nova situación e dalo todo en cada partido» rematou.

Larsen e Cruz, preparados para o reto do Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información