Leyma súmase ao equipo celeste

Compartir con

O Grupo Leite Río confirma a súa colaboración co Breo e incorporarase tamén á vestimenta do equipo

O grupo empresarial Leite Río continuará colaborando como un dos principais patrocinadores do Breogán. Nesta tempada, tras unha reunión do consello de administración co propietario da marca, Jesús Lence, confirmouse que se ampliará a presencia da imaxe de Leyma incorporándose á vestimenta do equipo, que lucirá no pantalón de xogo a imaxe dos produtos da marca.

O Grupo Leite Río leva moitos anos apostando polo deporte e, de xeito destacado, polo baloncesto, sendo un dos patrocinadores máis prolíficos do baloncesto galego.

Leyma súmase ao equipo celeste

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información