O paso polo Breo de Bell, Musa, Fullarton, Alfredo Pérez e Perásovic, contado por catro xornalistas galegos
Ovidio González, Óscar Losada, Roberto Prado e Luis Timiraos poñen negro sobre branco a historia de catro canoneiros que teñen o mérito de ser máximos anotadores da primeira categoría do baloncesto español vestido a camiseta do Breogán.
Unha obra editada por Óscar Losada e impulsada pola Fundación Breogán, a Área de Deportes da Deputación de Lugo e coa colaboración do CB Breogán.
Na presentación estiveron presentes os xornalistas escritores do libro, un dos protagonistas, Alfredo Pérez, dúas veces máximo anotador vestindo a celeste, o director xeral do Breogán, Tito Díaz, o director da Fundación Breogán, Salva Arco, e o deputado de deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro.
Os asistentes coincidiron na importancia de ter presente a historia do club e dar a coñecer á masa social aspectos dun percorrido de máis de medio século cheo de historias interesantes, e a oportunidade de que sexan os propios protagonistas e quenes traballaron ao seo carón quen as contan, dan un valor extraordinario á obra.
Bell, Perasovic, Fullarton Pérez e Musa forman parte de diferentes épocas pero todos fixeron gozar aos afeccionados coa súa capacidade de anotación e deixaron rexistros para a historia.
Un libro imprescindible para os afeccionados que promete desvelar datos e curiosidades que confesaron descoñecer xente que estivo alí para vivilas como comentaron os propios Tito Díaz ou Salva Arco, tras facer unha primeira lectura.
O libro “Lideres anotadores” estará dispoñible nas librerías Trama, La Voz de La Verdad, Aguirre, Balmes, Biblos e Lectocosmos, e será posible adquirilo na tenda oficial do CB Breogán desde esta mesma semana.

