Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»

Compartir con

O MVP da xornada 7 compareceu ante a prensa na súa visita á academia de inglés especializada nos máis pequenos e colaboradora co Breo

Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»

Coa colaboración na tradución do persoal de Kids&Us, Löfberg amosouse feliz polo seu estado de forma e aportación ao equipo, polos resultados deste inicio do Cafés Candelas e o ambiente no equipo.

O internacional sueco comentou tamén a importancia que ten ser seleccionado polo combinado do seu país, o que lle pode custar non participar no partido ante o Barça B da décima xornada, sentindo que iso implique faltar a unha cita co Breo, aínda que confía no potencial do equipo para superar situación dese tipo e gañar falte quen falte.

Johan Löfberg recoñece que traballa duro para tratar de ser un xogador completo que pode facer -como está a demostrar- moitas máis ousas na pista que anotar.

Antes da súa comparecencia, o presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, aproveitou para agradecer a Kids&Us a súa colaboración durante as últimas tempadas, así como a implicación do comercio e as empresas lucenses co Breogán. Tamén deu a benvida oficial -aínda que xa coia competición avanzada- a Löfberg a quen agradeceu o seu traballo neste inicio de liga e lle desexou os maiores éxitos co Breo no reto da tempada que está en curso.

Löfberg aproveitou a súa visita para charlar en inglés cos pequenos alumnos de Kids&Us, que amosaron ter xa moi interiorizado o uso do idioma e responderon con naturalidade ás preguntas do xogador.

Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»
Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»
Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»
Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»
Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»
Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»
Löfberg en Kids&Us Lugo: «Traballo para ser un xogador completo»

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información