Loito no Breogán polo falecemento do Presidente Fundador D. José Ramón Varela Portas

Compartir con

O club quere expresar o seu pesar pola perda dunha figura clave na historia da entidade

D. José Ramón Varela-Portas y Pardo faleceu aos 92 anos. Foi o primeiro presidente do C.B. Breogán e fundador, xunto cos seus irmáns e outros emprendedores lucenses, dun club que tras máis de medio século é xa parte da historia do baloncesto e do patrimonio dos lucenses.

José Ramón Varela-portas foi homenaxeado en varias ocasión polo seu legado que foi lembrado especialmente con motivo da celebración do cincuentenario do Breogán, recibindo a ovación unánime do Pazo, e estivo presente tamén nos eventos clave da tempada do ascenso, acompañado de parte da súa familia. A pesar da súa avanzada idade, D. José Ramón mantivo o seu contacto e interese pola marcha dun club do que foi pioneiro.

O nome de José Ramón Varela-Portas estará sempre presente nas liñas máis destacadas da historia do CB Breogán.

Dende o CB Breogán, Consello de Administración, empregados, xogadores e corpo técnico, queren expresar o seu pesar e facerlle chegar a familia e achegados o seu pésame e ánimo neste difícil momento.

 

Loito no Breogán polo falecemento do Presidente Fundador D. José Ramón Varela Portas
Loito no Breogán polo falecemento do Presidente Fundador D. José Ramón Varela Portas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información