Lucio Redivo: velocidade e ameaza exterior no Cafés Candelas Breogán

Compartir con

Lucio Redivo: velocidade e ameaza exterior no Cafés Candelas Breogán

O escolta internacional arxentino de 1,83 m. e 24 anos xogará no equipo lucense na campaña 2018-19

Lucio Redivo é un escolta que chegou ao baloncesto español a pasada campaña da man do Bilbao Básket tras converterse nunha das sensacións do baloncesto arxentino co Bahía Blanca, equipo co que disputou a Liga Arxentina e Liga das Américas, competición na que figurou no quinteto ideal na campaña 2017-17 proclamándose máximo anotador con 22,1 puntos por partido.

Redivo chega ao Breogán procedente do Bilbao Basket onde asinou, na súa primeira experiencia na Liga Endesa, 10 puntos por partido amosando a súa grande capacidade de lanzamento exterior e a súa velocidade no xogo. 

Coa selección arxentina, Redivo formou parte do combinado que rematou coa medalla de prata na FIBA AmeriCup de 2017 e foi convocado nas fases de clasificación para a Copa do mundo 2019.

Lucio Redivo: velocidade e ameaza exterior no Cafés Candelas Breogán

TRAXECTORIA:

Categorías inferiores. Bahía Basket (Arxentina).

2012-13. Bahía Basket (Arxentina). LNB. Disputa 13 partidos

2013-14. Weber Bahía Basket (Arxentina). LNB.

2014-15. Weber Bahía Basket (Arxentina). LNB.

2015-16. Weber Bahía Basket (Arxentina). LNB.

2016-17. Weber Bahía Basket (Arxentina). LNB, Liga Sudamericana e Liga das Américas.

2017-18. RETAbet Bilbao Basket. Liga Endesa e Eurocup.

PALMARÉS:

2016-17. Weber Bahía Basket (Arxentina). Liga Sudamericana. Subcampión

2016-17. Weber Bahía Basket (Arxentina). Liga de las Américas. Subcampión

2017. Arxentina. FIBA AmeriCup, en Bahía Blanca e Córdoba (Arxentina). Plata

NOMINACIÓNS:

2015-16. Weber Bahía Basket (Arxentina). LNB. Xogador de Maior Progreso

2016-17. Weber Bahía Basket (Arxentina). Liga de las Américas. Mellor quinteto

2017-18. RETAbet Bilbao Basket. Liga Endesa. Xogador da Xornada 27

INTERNACIONALIDADE:

2017. Arxentina. FIBA AmeriCup, en Bahía Blanca y Córdoba (Arxentina). Plata

Nov. 2017. Arxentina. Fase de clasificación Copa del Mundo 2019.

Feb. 2018. Arxentina. Fase de clasificación Copa del Mundo 2019.

 

Lucio Redivo: velocidade e ameaza exterior no Cafés Candelas Breogán
Lucio Redivo: velocidade e ameaza exterior no Cafés Candelas Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información