Luka Brajkovic chega ao Río Breogán para apuntalar o seu xogo interior

Compartir con

Brajkovic é un pivote austriaco de 2,11 e 23 anos recentemente elixido MVP da Atlantic 10 Conference da NCAA

Brajkovic é un pivote con gran envergadura, enerxía e polivalencia, con gran talento para o rebote e capacitado para anotar desde calquera posición, destacando pola súa boa man exterior (40,1% de acerto en triplas na última tempada).

O novo xogador do Río Breogán chega tras achegar 14,4 puntos 7,1 rebotes e 2,5 asistencias de media por encontro cos Davidson Wildcats, mesma universidade na que tamén foi MVP o ex celeste Tyler Kalinoski e onde se formaron estrelas da talla de Steph Curry.

Benvido ao Río Breogán!

Luka Brajkovic chega ao Río Breogán para apuntalar o seu xogo interior

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información