Máis que un xogo: Supermánager celeste!

Compartir con

Máis que un xogo: Supermánager celeste!

Ficha, xoga e gana

As nosas # EmpresasQueFanEquipo queren tratarche con agarimo e haberá cantidade de premios que poderás gañar.

COMO PARTICIPAR

1. Entra en https://supermanager.acb.com/#/session/signin ou descarga a app do SuperManager ACB dispoñible na App Store e Google Play.

2. Rexístrate e selecciona ao RÍO BREOGÁN como equipo FAVORITO. Se xa estabas rexistrado, poderás cambiar o teu equipo favorito picando na túa foto de Perfil/Configuración/Datos Persoais e aí deberás seleccionar ao RÍO BREOGÁN como equipo favorito.

3. Unha vez dentro e con RÍO BREOGÁN como equipo favorito, xa poderás facer os teus equipos na pestana Equipos/Crear novo equipo.

4. Tódolos equipos dos usuarios que o seu Club favorito sexa o RÍO BREOGÁN, entrarán automaticamente na liga Río Breogán OFICIAL e poderán optar a gañar todos os nosos premios.

5. IMPORTANTE! A data límite para participar nesta liga, será o venres 8 de outubro (véspera da 5ª xornada). Aínda así, a liga Río Breogán OFICIAL dá comezo este sábado, e con ela, os primeiros premios.

MOITA SORTE e lembra… é # MáisQueUnXogo!

PREMIOS

Obterán PREMIOS de nosas # EmpresasQueFanEquipo todos aqueles que:

1. Gañen unha das 34 xornadas quedando primeiros na clasificación de puntuación. Cun máximo de 3 premios por persoa.

2. No FINAL DA PRIMEIRA VOLTA (xornada 17) a posición do seu equipo estea entre os 3 primeiros clasificados nas clasificacións de puntuación e Brokerbasket (cotización global do equipo con máis diñeiro en caixa).

3. Ao FINALIZAR A liga REGULAR (xornada 34) a posición do seu equipo estea entre os 3 primeiros clasificados nas clasificacións de puntuación e Brokerbasket (cotización global do equipo con máis diñeiro en caixa).

No caso que unha persoa teña máis dun equipo entre os 3 primeiros clasificados dos puntos 2 e 3, só contabilizará un deles, o que estea máis arriba.

Bases BreoManager.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información