Manresa no horizonte

Compartir con

Foto FEB
Foto FEB

O Cafés Candelas visita o Nou Congost o vindeiro domingo día 11 (19:00 horas)

Semana complexa para os celestes que deben esquecer a derrota da pasada xornada preparando un dos partidos máis difíciles do que queda de competición, en casa do Manresa.

Foto FEB
Foto FEB

Será o terceiro encontro entre os dous clásicos do baloncesto na presente campaña. Manresa e Breo xogaron en dúas ocasións esta tempada no Pazo: o partido de liga da primeira volta na xornada 9, que venceu o Cafés Candelas cunha importante vantaxe (98-81); e o partido da Copa Princesa, tamén con vitoria celeste pero nesta ocasión con final de infarto (90-86).

Nesta terceira ocasión o escenario será un dos pavillóns históricos do baloncesto español: o Nou Congost.

A pesares das alternancias que se teñen dado entre os perseguidores do Breo na segunda praza, os dos enfrontamentos en liga entre Cafés Candelas e Manresa, chegan con lucenses en cabeza e cataláns na segunda praza.

O Cafés Candelas ten previsto adestrar dende o martes (sesión física pola mañá), en dobre sesión o mércores e única de tarde o xoves e o venres. O equipo viaxará o sábado a Manresa.

Foto FEB
Foto FEB

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información