Marc García incorpórase á pretempada do Río Breogán

Compartir con

O exterior de 26 anos e 1,97 m. procede do San Pablo Burgos

Marc García Antonell (Manresa, 7 de marzo de 1996) formouse no baloncesto base de Manresa antes de pasar a formar parte da categorías de formación do FC Barcelona. O club blaugrana cedeu ao xogador ao Manresa (2014/15) ) e posteriormente unha tempada ao Betis (2016/17) desde onde ficharía polo Montakit Fuenlabrada, onde permaneceu tres tempadas.

En 2021 chega ao San Pablo Burgos onde achegou 6,5 puntos e 1,4 rebotes por partido o pasado curso.

Marc García é un xogador con ampla experiencia en Liga Endesa e competición europea (con Fuenlabrada e Burgos)pode ocupar as posicións de escolta e aleiro.

Un xogador con talento e puntos nas súas mans que destaca polo seu tiro exterior, o seu bo 1x1 e a súa capacidade para xerar xogo para os seus compañeiros.

Benvido!

 

Marc García incorpórase á pretempada do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información