Chantada e Estudiates contarán cos dous xogadores que traballan habitualmente co Breo mentres non mellora a situación sanitaria
Desde esta semana os xogadores xóvenes Djordjije Marinovic e Mateo Sánchez adestran con Chantada e Estudiantes, respectivamente. Os dous xogadores, vinculado no caso de Mateo Sánchez, e sen ficha no primeiro equipo no caso de Marinovic, gozarán de minutos de xogo nos dous equipos EBA da provincia de Lugo co obxectivo de avanzar na súa progresión. A situación sanitaria actual derivada da COVID aconsella segundo criterios médicos, que a poder ser os xogadores non compaxinen o traballo cos dous equipos, como sería habitual en circunstancias normais.
En calquera momento, en caso dunha mellora da situación , os xogadores poderán recuperar a rutina de traballo co Leite Río Breogán.
Agradecemos aos dous xogadores a súa implicación e a colaboración tanto de Estudiantes Lugo como de CB Chantada.
