Marshawn Powell incorpórase ao Leite Río Breogán

Compartir con

Marshawn Powell incorpórase ao Leite Río Breogán

Chega ao Breo un interior de gran talento para achegar puntos, rebote e defensa

O Leite Río Breogán chegou a un acordo para a incorporación do “ala-pívot” norteamericano de 2,01 e 29 anos Marshall Powell.

Powell é un xogador formado na Universidade de Arkansas ( NCAA) e con experiencia no baloncesto europeo tras o seu paso por Ucraína, Lituania, Italia e Alemaña.

Xogador completo: intenso e con potencia para o rebote nas dúas canastras. Versátil en ataque, pode anotar de cara e de costas ao aro, e bo defensor.

O novo xogador do Breogán posúe tamén un bo tiro de longa distancia polo que está capacitado para abrir o campo. É as súas tempadas máis recentes promedió 17,4 puntos e 7,5 rebotes na 2017/2018 co Montegranaro Basket italiano e 15,8 puntos e 6,1 rebotes na Pallacanestro Udine na campaña 2018/2019 con porcentaxes que superan o 40% en tiros de 3 puntos. A tempada actual iniciouna nas filas do Hamburg Towers da primeira liga alemá ( BBL) onde asinou 9,1 puntos e 3,1 rebotes.

O club traballa para que o xogador únase á disciplina celeste canto antes.

Marshawn Powell incorpórase ao Leite Río Breogán
Marshawn Powell incorpórase ao Leite Río Breogán
Marshawn Powell incorpórase ao Leite Río Breogán
Marshawn Powell incorpórase ao Leite Río Breogán
Marshawn Powell incorpórase ao Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información