Massine Fall únese ao xogo interior do Leite Río Breogán

Compartir con

Massine Fall únese ao xogo interior do Leite Río Breogán

Tras unhas semanas de intenso traballo no Pazo o xogador convence aos técnicos e únese ao proxecto

Massine Fall (Guédiawaye , Senegal, 1 de xaneiro de 1993) é un pivot de 2,08 m. atlético e intimidador con experiencia en tódalas categorías do baloncesto español ao que chegou en 2008 para xogar como cadete en Villa de Adeje. O novo xogador do Leite Río debutou en EBA con 16 anos e destaca no Campionato de España Júnior 2011 sendo máximo reboteador do torneo.

Na tempada 2011-2012 o Baloncesto Fuenlabrada faise co xogador que xoga no vinculado Illescas (EBA) e debuta en ACB.

Tras pasar por varios clubs de LEB Plata e EBA, e cunha experiencia no baloncesto portugués (Ovarense), na campaña 2016-2017 chega a Melilla onde permanece ata o remate da campaña 2017-2018 ates de recalar no Força Lleida, onde coincide con Sergi Quintela, a pasada tempada. No equipo catalán promedia 5,1 puntos, 4,5 rebotes e un tapón por partido.

Xogador atlético e rápido, capaz de xogar por riba do aro, aproveita a sua grande envergadura para a intimidación e o rebote, e conta con facilidade para notar en posicións próximas á canastra.

A chegada de Massine Fall ao Breogán vai parella á cesión de Kabasele ao Real Canoe onde disporá de máis minutos para continuar coa súa progresión.

Damos a benvido ao Leite Río Breogán a Massine Fall e desexamos toda a sorte a Hervé Kabasele na nova tempada.


TRAXECTORIA

2008-09. Villa de Adeje. Cadete.

2009-10. Aridane. Junior.

2010-11. Multiópticas Orotava San Isidro. Junior.

2011-12. Fuenlabrada-Illescas. EBA e Fuenlabrada ACB

2012-13 Carrefour El Bulevar de Ávila

2013-14 Albacete Basket

2014-15 Basquetebol da Associação Desportiva Ovarense

2015-16 Albacete Basket

2016 CAM Enrique Soler

2017- Club Melilla Baloncesto

2018-2019- Actel força Lleida


 

Massine Fall únese ao xogo interior do Leite Río Breogán
Massine Fall únese ao xogo interior do Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información