Mateo Sánchez incorpórase ao Leite Río Breogán

Compartir con

Mateo Sánchez incorpórase ao Leite Río Breogán

O xoven aleiro lucense, con enorme talento ofensivo, continuará a súa progresión ás ordes de Diego Epifanio

Mateo Sánchez Pérez (Lugo, 18 de xuño de 1999) é un aleiro de 1,93m. en franca progresión que chega ao Breo tras formarse inicialmente na canteira lucense do Estudiantes Lugo antes de cruzar o Atlántico para cumprir unha tempada de formación en Estados Unidos na Sunrise Christian Academy.

Nas dúas últimas tempadas xogou en Liga EBA da man do CB Chantada e Baloncesto León onde destacou, especialmente na última, como un dos mellores triplistas da categoría xogando 26 partidos cunha media de 23 minutos, 12,1 puntos cun 35% en triplas, 39% en tiros de dous, un 75% en tiros libres e 3,4 rebotes por partido

Súmase ao equipo celeste un xogador con capacidade de traballo e procura constante de mellora, en franca progresión e que traballará para achegar todo o seu potencial ao Breo da nova tempada.

Mateo é fillo do mítico xogador do Breogán Manel Sánchez, un dos nomes destacados da historia celeste.

Damos a benvida á sua casa a Mateo Sánchez!

Mateo Sánchez incorpórase ao Leite Río Breogán
Mateo Sánchez incorpórase ao Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información